Friday 03 de May de 2024

Alternativa demanda á Deputación a apertura da oficina de recadación de Betanzos


Alternativa dos Veciños demandou no pleno da Deputación da Coruña a apertura da oficina provincial de recadación de Betanzos. O deputado Ángel García Seoane solicitoulle ao presidente que se anulen as medidas establecidas polo covid e se recupere a atención sen cita previa a todos os cidadáns.

“Non se entende que a estas alturas, levantadas xa en case todos os lugares esas normas, sígase atendendo por teléfono, obríguese a esperar na rúa, non se permita entrar a dúas persoas xuntas,… Hai situacións incomprensibles, sobre todo en días de choiva como os que estamos tendo”, dixo García Seoane.